Noticias

Adrián Bouzán e Adolfo Monteagudo xunto a Orlando Rodríguez gañaron o VI Cuadriatlón Cidade de Tui

Mércores, 5 de agosto de 2009. Adrián Bouzán Alonso de Oleiros proclamouse gañador do VI Cuadriatlón Cidade de Tui na modalidade de individuais cun tempo de 1h 26 min 32 segundos. A súa vitoria foi indiscutible ao sacar case tres minutos ao segundo clasificado logo dos excelentes tempos feitos en natación, onde foi primeiro, e en piragua onde foi terceiro.

VI CuadriatlonVI Cuadriatlon

O segundo en cruzar a liña de meta foi Fabián Ubeira Vidal de Redondela cun tempo de 1h 29min 12 segundos. Apenas dez segundos despois cruzaba a liña de meta o terceiro clasificado Iván Alonso Lage cun tempo de 1h 29min 23 segundos. Este tudense tivo que conformarse este ano coa terceira praza non pudendo revalidar o primeiro posto acadado na edición de 2008.

En individuais remataron a proba un total de 59 deportistas e baixou o tempo da competición en 12 minutos con respecto ao acadado na edición do ano pasado.

En parellas a proba celebrouse pola mañá comezando con media hora de retraso debido a choiva caída no momento previsto de iniciar a competición. No máis alto do podio situouse Adolfo Monteagudo xunto a Orlando Rodríguez cun tempo de 1h 21 min 57 segundos. Adolfo Monteagudo repite vitoria que xa conseguira en 2008 Nicolás Domínguez García, que ano foi segundo xunto a Benito Santana Gómez cun tempo de 1h 23 min 56 segundos. Os terceiros en cruzar a liña de meta foron Pablo Menéndez Iglesias e Jonathan Monteagudo que realizaron as catro probas nun tempo de 1h 26min 32 segundos.

Case 170 persoas participan este sábado no VI Cuadriatlón Cidade de Tui

Xoves, 30 de julio de 2009. Un total de 169 persoas van participar este sábado no VI Cuadriatlón Cidade de Tui que se vai disputar na cidade. Esta proba, única en Galicia das súas características, é a única en España que transcorre por un circuíto urbano o que a fai moito máis atractiva. A saída e a liña de boxes estará instalada no Paseo Fluvial, á carón do Club Náutico San Telmo, mentres que este ano a meta situarase no céntrico Paseo da Corredoira.

O VI Cuadriatlón Cidade de Tui foi presentado esta mañá na Casa do Concello polo Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, e por Javier Alfaya responsable da organización que leva a cabo a Asociación de Monitores de Tempo Libre Vagalume.

Javier Alfaya e Moisés Rodríguez

Javier Alfaya destacou a gran participación acadada con 53 parellas que competirán dende ás 12h, e 63 individuais que afrontarán a proba a partir das 17h.  Explicaba que o cronómetro non se para en ningún momento e os deportistas tanto afeccionados coma federados teñen que realizar 700 metros de natación, 18 quilómetros en bicicleta, 3 quilómetros en piragua e 7 quilómetros de carreira a pé até cruzar a liña de meta na Corredoira. A proba levanta gran expectación non só en Galicia de onde proveñen a meirande parte dos participantes, senón tamén noutros lugares coma Madrid, León ou Puerto de la Cruz, así coma de diferentes localidades de Portugal. Compre salientar tamén a importante participación de tudenses cun total de 29 inscritos.  Na edición de este ano tomará parte tamén, na modalidade de parellas, a atleta guardesa Julia Vaquero.

Moisés Rodríguez, tenente Alcalde e Concelleiro de Cultura, amosou a súa satisfacción pola realización dunha nova edición desta espectacular proba deportiva, e o éxito de convocatoria que volveu ter. Salientou amais a promoción que o Cuadriatlón realiza da cidade de Tui, xa que os participantes chegan de distintos puntos de Galicia e doutras localidades españolas e portuguesas, que adoitan pasar todo o día na cidade.  Rematou a súa intervención felicitando á organización polo traballo feito desexándolles moito éxito nesta nova convocatoria.

Lembramos que o VI Cuadriatlón Cidade de Tui se vai celebrar este sábado 1 de agosto. A saída en parellas terá lugar ás 12h e en individuais ás 17h. A entrega de premios terá lugar no Paseo da Corredoira.

Quedan dez días para a gran cita

A meta este ano estará no Paseo da Corredoira

Mércores, 22 de xullo de 2009. Quedan dez días para a celebración do VI Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange. Será o sábado 1 de agosto sobre un circuíto urbano que terá o seu punto neurálxico no Paseo Fluvial de Tui, onde estará a saída e os boxes. Este ano como novidade a liña de meta situarase no Paseo da Corredoira.

Esta proba, de carácter popular, é a única en España que se realiza integramente en circuíto urbano. Destaca ademais por ser unha das cinco competicións existentes a nivel nacional na que os participantes teñen que enfrontarse a catro disciplinas deportivas.

Esta nova edición do Cuadriatlón Cidade de Tui vén precedida pola excelente acollida e participación que se rexistrou nas anteriores, o que levou á Asociación de Monitores de Tempo Libre Vagalume a realizar esta sexta convocatoria coa colaboración da Federación Galega de Tríatlon e do Concello de Tui.

Os participantes terán que realizar 700 metros a nado en augas do río Miño, 18km en bicicleta por circuíto urbano, 3km en piragua de novo no Miño e por último 7km correndo polas rúas da cidade, para concluír no Paseo da Corredoira onde estará a liña de meta.

A participación pódese realizar tanto de forma individual, celebrándose a competición a partir das 17h, como por parellas cuxas probas se realizarán ás 12h. A inscrición permanece aberta até o vindeiro martes, 28 de xullo, ás 14h. Os interesados poden descargarse o boletín de inscrición e toda a información na web www.cuadriatlontui.com. Poden solicitar máis información no teléfono 654.17.95.39 ou no correo electrónico info@cuadriatlontui.com

 

O 1 de agosto celébrase o VI Cuadriatlón Cidade de Tui

É o único en España que se realiza en circuíto urbano


Mércores, 24 de xuño de 2009. O Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange ten xa data para a súa sexta edición, será o sábado 1 de agosto, sobre un circuíto urbano que terá o seu punto neurálgico no Paseo Fluvial de Tui.

Esta proba, de carácter popular, é a única en España que se realiza íntegramente en circuíto urbano. Destaca ademais por ser unha das cinco competicións existentes a nivel nacional na que os participantes teñen que enfrontarse a catro disciplinas deportivas.

Esta nova edición do Cuadriatlón Cidade de Tui vén precedida pola excelente acollida e participación que se rexistrou nas anteriores, o que levou á Asociación de Monitores de Tempo Libre Vagalume a realizar esta sexta convocatoria coa colaboración da Federación Galega de Triatlón e do Concello de Tui.

Os participantes terán que realizar 700 metros a nado en augas do río Miño, 18km en bicicleta por circuíto urbano, 3km en piragua de novo no Miño e para rematar 7km correndo polas rúas da cidade, para concluír no Paseo Fluvial onde estará a liña de boxes.

Os interesados poden solicitar máis información no teléfono 654.17.95.39 ou no correo electrónico info@cuadriatlontui.com.

 

Organiza
Colabora
Vagalume
Cultura Tui
Federación Galega de Triatlón