
Noticias
Case 200 persoas participan o sábado o V Cuadriatlón
A competición por parellas terá lugar ás 12 e en individuais a partir das 16.30.
Xoves, 24 de xullo de 2008. Un total de 185 persoas van participar este sábado, 26 de xullo, en Tui no V Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange. Desta forma logrouse o obxectivo deste ano que era superar os 150 participantes da edición de 2007.
Trátase dunha proba de carácter popular que se realiza en circuíto urbano, sendo a única en Galicia das súas características. É unha competición moi espectacular xa que o cronómetro non se para en ningún momento. Os participantes terán que realizar 700 metros a nado en augas do río Miño, 18km en bicicleta por circuíto urbano, 3km en piragua de novo no Miño e para rematar 7km correndo polas rúas da cidade, para concluír no Paseo Fluvial onde estará a liña de boxes.
Este ano desdobrouse a participación de tal xeito que as parellas competirán pola mañá a partir das 12.00h. Aquí cada membro da parella terá que realizar dúas probas e darlle o relevo á súa compañeira ou compañeiro. Hai un total de 48 parellas masculinas inscritas da máis variada procedencia Madrid, O Grove, Vigo, O Porriño, Cangas, Redondela, Nigrán, Bilbao e Tenerife entre outros. Aquí destaca a presenza de Xacob Agra que competirá formando parella con César Punzón. Participarán ademais 7 parellas mixtas e 1 feminina.
Pola tarde continuará o Cuadriatlón xa na modalidade individual con 68 inscritos na categoría masculina e 5 na feminina. Proceden de Baiona, Santiago, Ourense, Santa Corda, Monforte de Lemos, Pamplona, Asturias e O Porto.
O público que ao longo da xornada do sábado se achegue ata o Paseo Fluvial de Tui poderá gozar dun espectáculo deportivo de gran calidade.
Esta nova edición do Cuadriatlón Cidade de Tui vén precedida pola excelente acollida e participación que se rexistrou nas anteriores, o que levou á Asociación de Monitores de Tempo Libre Vagalume a realizar esta quinta convocatoria coa colaboración da Federación Galega de Tríatlon e do Concello de Tui.
Pechado o prazo de inscrición para o V Cuadriatlón
Xoves, 24 de xullo de 2008, a dous días para que se celebre o V Cuadriatlón Cidade de Tui está xa pechado o prazo de inscrición para esta espectacular competición. Lembramos que a competición en parellas será ás 12.00h e en individuais a partir das 16.30h. A longo desta xornada colgarase na sección de listaxe a relación completa de participantes.
V Cuadriatlón Cidade de Tui disputarase pola mañá en parellas e pola tarde para individuais o 26 de xullo
Martes, 15 de xullo de 2008. O sábado 26 de xullo vaise a disputar en Tui o V Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange. Trátase dunha proba de carácter popular que se realiza en circuíto urbano, sendo a única en Galicia das súas características, e unha das catro que se celebran en España.
Esta nova edición do Cuadriatlón Cidade de Tui vén precedida pola excelente acollida e participación que se rexistrou nas anteriores, o que levou á Asociación de Monitores de Tempo Libre Vagalume a realizar esta quinta convocatoria coa colaboración da Federación Galega de Tríatlon e do Concello de Tui.
A presentación da proba tivo lugar onte ao mediodía na Casa do Concello de Tui coa presenza do Alcalde, Antonio Fernández Rocha, o Concelleiro de Deportes, José Prada, e o responsable da organización Javier Alfaya coma membro da Asociación Vagalume.
Javier Alfaya destacaba coma o Cuadriatlón é un deportes de resistencia no que se combinan catro disciplinas. Os participantes terán que realizar 700 metros a nado en augas do río Miño, 18km en bicicleta por circuíto urbano, 3km en piragua de novo no Miño e para rematar 7km correndo polas rúas da cidade, para concluír no Paseo Fluvial onde estará a liña de boxes.
A principal novidade deste ano será que a proba disputarase pola mañá e pola tarde. Ás 12 do mediodía competirán os participantes na modalidade de parellas e a partir das 16.30h será a quenda dos individuais.
O prazo de inscrición abriuse o pasado 1 de xullo rexistrándose xa máis de medio centenar de participantes das máis variadas procedencias Pamplona, Asturias, Madrid, Santiago, Ourense, Baiona e Tui.
Os interesados para participar están aínda a tempo de anotarse. Ata o vindeiro luns, día 21, o prezo é de 12€ en individuais e 24€ en parellas, e logo desa data e ata o día 24 o prezo increméntase ata os 20 e 40.
As expectativas deste ano son superar os 150 participantes que houbo na edición de 2007. Logo da competición Javier Alfaya avanzaba que haberá unha festa nos locais que colaboran co Cuadriatlón para concluír así a xornada. E animaba ao público a achegarse o día 26 até o Paseo Fluvial xa que se trata dunha proba moi espectacular.
O Concelleiro de Deportes, José Prada, amosaba o seu apoio a esta proba.
Por último o Alcalde de Tui lamentaba a falta de colaboración nesta proba por parte da Consellería de Cultura e Deporte, e agradecía a colaboración das casas comerciais e da Cruz Vermella portuguesa. Tamén salienta a importancia dos deportistas.
O 26 de xullo celébrase o V Cuadriatlón Cidade de Tui
Ten carácter popular e é o único en España que se realiza en circuíto urbano
Luns, 7 de xullo de 2008. O sábado 26 de xullo vaise a disputar en Tui o V Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange. Trátase dunha proba de carácter popular que se realiza en circuíto urbano, sendo a única en Galicia das súas características, e unha das cinco que se celebran en España.
Esta nova edición do Cuadriatlón Cidade de Tui vén precedida pola excelente acollida e participación que se rexistrou nas anteriores, o que levou á Asociación de Monitores de Tempo Libre Vagalume a realizar esta quinta convocatoria coa colaboración da Federación Galega de Tríatlon e do Concello de Tui.
Os participantes terán que realizar 700 metros a nado en augas do río Miño, 18km en bicicleta por circuíto urbano, 3km en piragua de novo no Miño e para rematar 7km correndo polas rúas da cidade, para concluír no Paseo Fluvial onde estará a liña de boxes. Hai dúas modalidades individuais e parellas.
O prazo de inscrición abriuse o pasado 1 de xullo rexistrándose xa máis dunha trintena das máis variadas procedencias Pamplona, Asturias, Madrid, Santiago, Ourense, Baiona e Tui.
Os interesados para participar están aínda a tempo de anotarse. Ata o próximo día 21 o prezo é de 12? en individuais e 24? en parellas, e logo desa data e ata o día 24 o prezo increméntase ata os 20 e 40?.
Os interesados poden solicitar máis información no teléfono 654.17.95.39 ou no correo electrónico info@cuadriatlontui.com.
O 26 de xullo celébrase o V Cuadriatlón Cidade de Tui
Ten carácter popular e é o único en España que se realiza en circuíto urbano
Venres, 28 de abril de 2008. O Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange ten xa data para a súa quinta edición, será o sábado 26 de xullo, sobre un circuíto urbano que terá o seu punto neurálxico no Paseo Fluvial de Tui.
Esta proba, de carácter popular, é a única en España que se realiza integramente en circuíto urbano. Destaca ademais por ser unha das cinco competicións existentes a nivel nacional na que os participantes teñen que enfrontarse a catro disciplinas deportivas.
Esta nova edición do Cuadriatlón Cidade de Tui vén precedida pola excelente acollida e participación que se rexistrou nas anteriores, o que levou á Asociación de Monitores de Tempo Libre Vagalume a realizar esta quinta convocatoria coa colaboración da Federación Galega de Tríatlon e do Concello de Tui.
Os participantes terán que realizar 700 metros a nado en augas do río Miño, 18km en bicicleta por circuíto urbano, 3km en piragüa de novo no Miño e para rematar 7km correndo polas rúas da cidade, para concluír no Paseo Fluvial onde estará a liña de boxes.
Os interesados poden solicitar máis información no teléfono 654.17.95.39 ou no correo electrónico info@cuadriatlontui.com.
Organiza |
Patrocina |
|
|---|---|---|