Inscricións

Até o próximo martes, 28 de xullo, ás 14h está aberto o prazo de inscrición para participar tanto en individuais coma en parellas no VI Cuadriatlón Cidade de Tui.

Os interesados deberán cubrir o boletín de inscrición da modalidade na que participan. Deben aboar a cuota de inscrición, que é de 15€ en individuais e 30€ en parellas, na conta de Caixanova 2080 0076 57 0040012878 especificando o nome e apelidos do participante.

O boletín completamente cuberto (se hai campos baleiros -salvo o e-correo - non se admitirá a inscrición) debe enviarse por fax ao 986 60 40 23 xunto ao xustificante de pago e fotocopia do DNI. Os deportistas federados non é preciso que envíen a fotocopia do DNI.

Boletín de inscrición individual

Boletín de inscrición parellas

(NOTA: Para participar o día do Cuadriatlón é imprescindible presentar o DNI ou licencia federativa para a recollida do dorsal e para o acceso a boxes. Sen estes documentos non se poderá tomar parte na proba.)

Os deportistas inscritos iranse colgardo progresivamente na seccion de participantes.

 

AVISO: Hai persoas ás que lles está a dar un erro a apertura do boletín de inscrición. Para poder abrilo é preciso ter instalado o Adobe Reader ou outro programa para a lectura de PDF. Podedes descargalo no seguinte enlace. Descargar Adobe. Tamén podedes enviar un correo ao enderezo do cuadriatlón solicitando o boletín e volo enviaremos.


Organiza
Colabora
Vagalume
Cultura Tui
Federación Galega de Triatlón