
Inscrición
-----------------------------------------¡¡Pechado xa o prazo de inscrición!! -------------------------------------------Para participar no V Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange é preciso cubrir o boletín de inscrición da modalidade na que se participa (individual ou parellas), pagar a cuota de inscrición correspondente, e enviar por fax ou correo electrónico o boletín de inscrición e o xustificante de ter realizado o ingreso.
A inscrición poderá facerse dende o 1 de xuño ata 21 de xullo cun prezo de 12 € para individuais e 24€ para a modalidade de parellas.
Se a incrición se realiza do 22 ao 24 de xullo o custe será de 20 € en individuais e de 40€ en parella.
Limítase a participación a 100 individuais e 50 parellas.
Débese facer o ingreso do importe da categoria na que se participa na conta bancaria de Caixanova especificado máis abaixo. É imprescindible confirmar co envio vía fax ou correo electrónico do boletín de inscrición e o justificante de pago no banco ao fax : 986.60.40.23
Conta Bancaria : 2080 0076 57 0040012878(Caixanova)
Lembramos que o aluguer da piragua debe facerse por conta do participante. A organización facilita o número de contacto dunha das empresas existentes, Verde Azul, colaboradora do V Cuadriatlón, podendo contactar con esta ou con outra que desexe o interesado.
Aluguer piraguas no teléfono 606.30.47.37 ou 606.33.25.19 ( Verde Azul )
Os interesados teñen ao seu dispor boletíns de inscrición en Inercia en Tui, e en Marcisport no Porriño. Os interesados poden dexiar o boletín cuberto e o xustificante de pago nestes dous establecementos colaboradores.
Boletíns de inscrición: individual - parellas
Organiza |
Patrocina |
|
|---|---|---|