
Carreira
Qué é?
O Cuadriatlón é un deporte combinado e de resistencia, no que o participantes realizar catro probas ou modalidades deportivas: natación, piragüismo, ciclismo e carreira a pé. O cronómetro non se para mentres dure a competición.
O V Cuadriatlón Cidade de Tui é unha proba de carácter popular, aberta tamén a participación de deportistas federados. Trátase da única en Galicia das súas características, sendo un dos cinco cuadriatlóns que se celebran en España. É o único que se realiza integramente por un circuíto urbano.
Os obxectivos desta proba son fomentar e achegar o deporte ao público en xeral, nun entorno inigualable coma é a cidade de Tui. Ao tempo poténcianse os recursos deportivos, culturais e turísticos do municipio. O río Miño, o casco histórico, o Paseo da Corredera, e o paseo fluvial, son só algúns dos lugares por onde transcorre a competición. A base sitúase no Paseo Fluvial no entorno do Club Náutico San Telmo.Aquí están os boxes, así coma a liña de saída e de meta.
A proba vai dirixida aos amantes do deporte, tanto a nivel afecionado coma a nivel federado. Establécense dúas modalidades de participación, individual - na que o participante deben realizar as catro probas - e parellas - na que cada integrante da parella debe realizar dúas probas. A participación en parellas será ás 12 do mediodía e a de individuais a partir das 16.30h.
A Asociación de Monitores de Tempo Libro "Vagalume" conta coa colaboración de numerosas empresas e voluntarios que aportan o seu gran de area para o desenvolvemento desta competición única en Galicia. Asemade cada ano son numerosos os medios de comunicación, prensa, radio, televisión, dixitais, revistas especializadas, que dan difusión a este evento deportivo.
O trofeo que reciben os gañadores é un trébol de catro follas representando as catro modalidades deportivas que se practican nesta competición. Na participación individual estáblecense tres categorías: dúas masculinas e unha feminina, mentres que en parellas hai unha única categoría.
Organiza |
Patrocina |
|
|---|---|---|