
Carreira
Características
O V Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange celébrase o 26 de xullo de 2008 no Paseo Fluvial de Tui xunto ás instalacións do Club Náutico San Telmo e a Comandancia Naval do Miño. Constará de catro probas: natación, bicicleta, piragüismo e carreira a pé. Trátase dunha proba de carácter popular, única en Galicia e que transcorre integramente por un circuíto urbano.
A proba comeza na modalidade de natación realizando 700 metros nas tranquilas augas do río Miño, dándose dúas voltas ao circuíto.
De seguido os participantes deben cambiar de roupa na liña de boxes para realizar 18 quilómetros en bicicleta nun terreo mixto de pedra, asfalto, terra e madeira. É obrigatorio o uso de casco ríxido e bicicleta de montaña. Serán catro voltas ao circuíto.
A terceira modalidade que enfrontará será a piragua cun percorrido de 3 quilómetros de novo en augas do río Miño. Aquí é obrigatorio o uso de chaleco salvavidas.
Por último os participantes enfrontaranse a 7 quilómetros de carreira a pé nun terreo mixto, realizando dúas voltas ao circuíto.
O percorrido a realizar é o mesmo tanto para os que compitan de xeito individual coma para os que o fagan por parellas. Gran parte do mesmo transcorre polo centro urbano de Tui, pasando por lugares tan emblemáticos da cidade coma o Paseo da Corredoira ou a Catedral.
A saída na modalidade de individuais terá lugar ás 16.30h, mentres que en parellas será ás 12 do mediodía.
Organiza |
Patrocina |
|
|---|---|---|