
O campión de España Alberto Cebollada, anima a practicar o Cuadriatlón
Venres 4 de agosto. Alberto Cebollada Kremer iniciouse no cuadriatlón no ano 2001 e converteuse no máximo especialista nacional. É subcampeón do mundo e tres veces campión de España na proba que se disputa na illa de Ibiza . Alberto Cebollada anima á práctica desta modalidade deportiva: "A todos os entusiastas do deporte e de probar novos retos: anímovos a practicar o cuadriatlón.
Por ser unha modalidade máis completa e equilibrada que o triatlón, e por introducir o piragüismo no seu desenvolvemento é unha disciplina preciosa que merece a pena practicar.
Un bo evento para probar esta peculiar combinación é no Cuadriatlón Cidade de Tui."
Ler máis
Disponible o listado completo das clasificacións do III Cuadriatlón
Luns 24 de xullo. Están xa disponibles en formato PDF as clasificacións completas do III Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Amena celebrado o pasado sábado. Nos seguintes enlaces pódese consultar a clasificación de parellas, e de individuais tanto por categorías coma absoluta.
Clasificación Individuais Absoluto - Individuais Categorías - Parellas
O cangués Orlando Rodríguez impúxose na modalidade individual
Domingo 23 de xullo. Se o III Cuadriatlón Cidade de Tui foi espectacular na modalidade de parellas non o foi menos en individuais onde os deportistas fixeron fronte as catros probas sen apenas respiro e animados polo público concentrado no Paseo Fluvial. O cangués Orlando Rodríguez cun tempo 1h 40' 23'' foi o primeiro en cruzar a liña de meta, seguido por Francisco Pereda Gutiérrez de Ribadededeva cun tempo de 1h 41' 11'' e foi terceiro Adrián Castiñeiras Buján de Vigo que completou as catro probas en 1h 41' 40 '' .
O primeiro tudense foi Ignacio Area Aballe.
Ver Clasificación - Album individuais - Entrega de Trofeos
Borja Conde e Angel Matías fixéronse coa vitoria na modalidade de parellas
Sábado 22 de xullo. Un total de 41 parellas participaron finalmente no Cuadriatlón Cidade de Tui nunha calorosa tarde de verán que contribuiu ao éxito da proba. Tanto os participantes coma o público gabaron a organización e o percorrido tanto pola fermosura dos espazos por onde transcorren coma polo feito de que parte do mesmo teña lugar en circuito urbano.
A vitoria foi para Borja Gabriel Conde e Angel Matías Pereira cun tempo de 1h 33' 56''. Segundos foron na clasificación absoluta Marcial Rodríguez Rey e Ramón Perdelis Nieto con 1h 37' 55 ''. O terceiro posto foi para Alfredo Ferreiro Deaño e Elpidio Gómez Sousa con 1h 38' 47''.
A primeira parella mixta foi Natalia Raña Fuentes e Alberto Candal Viqueira cun tempo de 1h 45' 53''.
Os primeiros tudenses foron Angel Boquete Diz e Sandro Rodríguez González con 1h 48' 57''.
Ver Album Parellas
Éxito de Público no Cuadriatlón
Sábado 22 de xullo Éxito de público no III Cuadriatlón Cidade de Tui que se celebrou hoxe sábado. Dende primeira hora da tarde persoas de todas as idades achegáronse ao Paseo Fluvial para presenciar o desenvolvemento da proba. Pese a intensa calor o público animou aos participantes chegados dende distintas localidades galegas, de Madrid e Asturias.
O seguimento mantívose ata última hora da tarde cando rematou a competición na modalidade individual.