Características Percorrido Regulamento Inscrición Noticias Patrocinadores Aloxamentos Enlaces

Organiza

Vagalume
Concello de Tui
Patronato Deportivo Municipal
Concellería de Cultura
 

Edicións Anteriores

2006
 
2005
 
2004
 
 

Patrocina

Amena
Caixanova
Arena
Coca-Cola
Powerade
Salomon
Mizuno
Teva
Mi Kayak

 

 

 


Percorrido

O IV Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange, ao igual que en edicións anteriores, vaise desenvolver no Paseo Fluvial de Tui á carón das instalacións do Club Náutico San Telmo, onde serán instalados os boxes, a liña de saída así coma a meta desta competición.

As probas de natación e piragüismo terán lugar en augas do río Miño na praia da Mariña.

Mentres as probas de bicicleta e carreira a pé farán un circuito polo Paseo Fluvial, Parque do Penedor, Conxunto histórico de Tui, Paseo da Corredera, Xardíns de Troncoso,e Alameda.

(Pulsar para ampliar a imaxe do percorrido)

Cómo chegar

O municipio de Tui está situado no extremo suroccidental de Galicia no sur da provincia de Pontevedra, na comarca do Baixo Miño. Tui conta con dúas pontes internacionais que a unen á veciña Valença do Minho en Portugal.

Pódese chegar á cidade ao través da Autovia A-55 Vigo-Tui ou da Autoestrada AP-9 Vigo-Tui, que contan con varias saídas na cidade.

A quince minutos de Tui sitúase o aeroporto internacional de Peinador. Ata o municipio chegan varias liñas de Autobuses, e conta con estación de tren tanto no centro da cidade na Avenida da Concordia coma en Guillarei.

Autobuses

A.T.S.A (Servizo Vigo-Tui) - Telf. 986.61.13.01
Castromil (Tui-Pontevedra) - Telf. 981.55.57.60
A.L.S.A. (Tui-Asturias) - Telf. 986.60.30.35

Ferrocarril

Estación de Tui, Avda. da Concordia - Telf. 986.60.08.13

 

 

 


Asociación de Monitores de Tempo Libre Vagalume 2007