Características Percorrido Regulamento Inscrición Noticias Patrocinadores Aloxamentos Enlaces

Organiza

Vagalume
Concello de Tui
Patronato Deportivo Municipal
Concellería de Cultura
 

Edicións Anteriores

2006
 
2005
 
2004
 
 

Patrocina

Amena
Caixanova
Arena
Coca-Cola
Powerade
Salomon
Mizuno
Teva
Mi Kayak

 

 

 


Está xa disponible o Album do IV Cuadriatlon

Xoves 2 de agosto de 2007. Esta xa accesible o album do IV Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange.

Ver album

Xa están accesibles as listaxes da clasificación no Cuadriatlón

Luns 23 de xullo de 2007. Xa están disponibles as listaxes de clasificación do IV Cuadriatlón na modalide individual e en parellas. Ao longo desta semana estará accesible o album da proba.

 

 

 

Clasificación individual 1 - 2

Clasificación parellas 1 - 2

Adolfo Monteagudo impúxose no IV Cuadriatlon en individuais

A vitoria en parellas foi para Juan José Amoedo e César Bernárdez

Luns 23 de xullo de 2007. Adolfo Monteagudo Leal da Coruña impúxose no IV Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange celebrado o pasado sábado con gran éxito de participantes e público. O primeiro tudense foi Alberto Díaz Portas. E na categoría de máis de 40 anos a vitoria foi para Miguel Fernández Pereira de Nigran. En féminas Lorena García Lago de Vigo logrou o primeiro posto.

En parellas a vitoria foi para Juan José Amoedo Outeda de Marín e César Bermúdez González de Cangas. A primeira parella de Tui en cruzar a meta foi a formada por Jesús Amandi Gómez e Camino González Pereira. A primeira parella mixta foi a de Patricia Tobío Padin e Martín Pazó Pazo, mentres que a primeira parella feminina estivo formada por Mónica Peón Curras de Pontevedra e Jessica Pacífico de Vigo.

 

Xa están accesibles as listaxes da clasificación no Cuadriatlón

Luns 23 de xullo de 2007. Xa están disponibles as listaxes de clasificación do IV Cuadriatlón na modalide individual e en parellas. Ao longo desta semana estará accesible o album da proba.

 

 

 

Clasificación individual 1 - 2

Clasificación parellas 1 - 2

Adolfo Monteagudo impúxose no IV Cuadriatlon en individuais

A vitoria en parellas foi para Juan José Amoedo e César Bernárdez

Luns 23 de xullo de 2007. Adolfo Monteagudo Leal da Coruña impúxose no IV Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange celebrado o pasado sábado con gran éxito de participantes e público. O primeiro tudense foi Alberto Díaz Portas. E na categoría de máis de 40 anos a vitoria foi para Miguel Fernández Pereira de Nigran. En féminas Lorena García Lago de Vigo logrou o primeiro posto.

En parellas a vitoria foi para Juan José Amoedo Outeda de Marín e César Bermúdez González de Cangas. A primeira parella de Tui en cruzar a meta foi a formada por Jesús Amandi Gómez e Camino González Pereira. A primeira parella mixta foi a de Patricia Tobío Padin e Martín Pazó Pazo, mentres que a primeira parella feminina estivo formada por Mónica Peón Curras de Pontevedra e Jessica Pacífico de Vigo.

Disponible a listaxe de participantes en individuais e parellas co número de dorsal

Venres 20 de xullo de 2007. Está xa accesibles as listas de inscritos nas modalidades de individual e parellas, co número de dorsal, nome e apelidos dos participantes. A inscrición pecharase mañá definitivamente.

Consultar listaxe de Individuais - Parellas

Máis de 120 participantes mañá no IV Cuadriatlón. O espectáculo deportivo ésta garantido

Venres 20 de xullo de 2007. Mañá é o gran día. Ás 16.30h iníciase o IV Cuadriatlón Cidade de Tui – Gran Premio Orange, proba única en Galicia nesta modalidade deportiva, e unha das catro que se celebran en España.

Este espectáculo deportivo en estado puro, coma o definen os organizadores, reunirá no entorno do Paseo Fluvial a máis de cento vinte participantes chegados de toda Galicia, Salamanca e Valencia. Trátase dun espectáculo deportivo que se agarda que coma en anteriores edicións reúna a un bó número de público na beira do río onde transcorre a competición.

Máis información

Mañá celebráse o IV Cuadriatlón cun centenar de participantes

Venres 20 de xullo de 2007. Mañá sábado ten lugar a IV edición do Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange. Todo esta preparado para esta proba deportiva que reunirá a deportistas de toda Galicia, Salamanca e Valencia. A cita é a partir das 16.30h no Paseo Fluvial onde se instalará a liña de boxes. Esta proba única en Galicia é realmente espectacular coma se puido comprobar en anteriores edición, sobre todo no cambio de disciplina deportiva. Participantes e público premiaran coa súa presenza o traballo feito pola Asociación de Monitores Vagalume coa organización deste evento.

IV Cuadriatlon presente nos distintos medios de comunicación

Xoves 19 de xullo de 2007.Os distintos medios de comunicación estanse a interesar pola celebración do IV Cuadriatlón Cidade de Tui este sábado. Tanto a prensa escrita coma os medios dixitais e as radios estanse a facer eco desta proba deportiva.

Máis información

Accesible xa a lista de inscritos na modalidade individual e en parellas

Martes 17 de xullo de 2007. Están xa a dispor dos interesados a lista de inscritos para participar no IV Cuadriatlón Cidade de Tui, tanto na modalide individual coma en parellas. Iranse a actualizando a medida que cheguen novas inscricións.

Consultar Individuais - Parellas

Máis de 60 inscritos a catro días para a celebración do IV Cuatrialtón Cidade de Tui – Gran Premio Orange

Martes 17 de xullo de 2007. A catro días de que se celebre o IV Cuadriatlón Cidade de Tui – Gran Premio Orange son xa 60 os inscritos para participar nesta competición que terá lugar este sábado 21 de xullo dende ás 16.30 no entorno do Paseo Fluvial.A organización corresponde á Asociación de Monitores de Tempo Libre Vagalume.

Máis información

O IV Cuadriatlón nos medios de comunicación

Luns 16 de xullo de 2007. Os distintos medios de comunicación fanse eco da convocatoria do IV Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange, que se celebra este próximo sábado día 21.

Galicia Suroeste - Inforosal - Xornal Galicia

Inscricións para o IV Cuatrialtón Cidade de Tui – Gran Premio Orange

Xoves 12 de xullo de 2007. Está xa aberto o prazo de inscrición para participar no IV Cuadriatlón Cidade de Tui – Gran Premio Orange que se celebrará o 21 de xullo na cidade tudense. A proba está organizada pola Asociación de Monitores de Tempo Libre Vagalume.

Novidade: participación con piragua libre

A principal novidade con respecto a anteriores edicións estará en que a organización permite neste ocasión o uso de piragua libre. O resto do regulamento é similar ao de anteriores edicións, establecéndose unha categoría para homes e outra para mulleres, e logo facendo clasificacións en función da idade do deportista.

Máis información

Aberto o prazo de inscrición para o IV Cuadriatlón Cidade de Tui

Venres 22 de xuño. Está aberto xa o prazo de inscrición para participar no IV Cuadriatlón cidade de Tui Gran Premio Orange que se vai celebrar o 21 de xullo na cidade. Pódese participar na modalidade individual ou en parellas. Na sección de Inscrición pódense consultar todos os detalles e descargar os boletíns de inscrición.

Para formalizar a inscrición é preciso cubrir o boletín de inscrición e aboar a cuota correspondente á modalidade elixida, así coma enviar por fax o boletín de inscrición e o xustificante de pago. Ir a Inscrición

Boletín Inscrición

Xa a venda as camisetas do IV Cuadriatlón

Luns 18 de xuño. Xa están á venda as camisetas do IV Cuadriatlón Cidade de Tui. A cor elixida este ano é o negro, e levan sobreimpresionado as catro probas deportivas que conforman esta competición.

Camiseta 2007

 

O IV Cuadriatlón Cidade de Tui, Gran Premio Orange, celebrarase o 21 de xullo

Poderase participar con piragua libre

Venres 8 de xuño. Xa ten data a cuarta edición do Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange. Esta proba deportiva celebrarase o sábado 21 de xuño, tendo coma punto base o Paseo Fluvial de Tui, xunto ao Club Náutico San Telmo e cun percorrido urbano. Esta competición conxuga deporte e natureza dado o fermoso percorrido que presenta.

Unha das principais novidades desta cuarta edición será o feito de a que piragua será libre. Esta información pódese ampliar no apartado de Regulamento.

Novidade: Piragua libre

O prazo de inscrición abrirase o próximo 21 de xuño. En breve estará disponible o boletín de inscrición.

 

 

 

 

 


Asociación de Monitores de Tempo Libre Vagalume 2007